Augardentía
A downloadable xogo for Windows and Linux
O Sentulo, fillo do Lobo Negro de Bueu, anda ao mar desde que ten memoria.
Cada solpor sae coa súa dorna ao polbo, a lura ou o robalo pola ría de Pontevedra.
Pero nas longas madrugadas sen lúa poden caer nas súas nasas seres inimaxinables. Só precisa, seguindo o ronsel familiar, a botella de augardente para que a calada lle sexa propicia.
Aínda que a súa aspiración é máis escura: verse cara a cara co mostro que levou o seu pai ao fondo hai xa dúas décadas nunha noite de ardentía…
Titorial
Pesca os peixes sen perder todas as vidas.
Usa as frechas para mover o barco polo mapa.
Preme a barra espaciadora para iniciar a pesca. Aliña o rectángulo amarelo co vermello pulsando na barra para pescar un peixe.
Unha vez que obteñas unha botella de augardente, preme "X" para bebela. Isto permitirache avanzar no xogo.
Créditos
Neste xogo mergulláronse Roig, Poch e Barb en decembro de 2025 para participar na Game Jam "Dende o Galego, con Humor" da Fundación Carlos Casares. Baseáronse no relato “Un polbo xigante” de Casares para crear en Godot esta aventura mariñeira das Rías Baixas ao compás do pasodoble de Canexol, composto tamén para o xogo.
Roig: Programación, Arte e Deseño de xogos
Barbadillo: Outros (Guionismo)
Poch: Outros (Música e deseño de son)
Para o deseño de son empregáronse os seguintes arquivos de audio:
Artninja, Berio Molina, billcutbill, breiti, Carlos Suárez, Isaac e Antía, KVV_Audio, kyles, Pfannkuchn, Rudmer_Rotteveel, Sonotomia, TheEarthCollective, TheFlyFishingFilmmaker, Vrymaa
| Published | 15 days ago |
| Status | In development |
| Platforms | Windows, Linux |
| Rating | Rated 5.0 out of 5 stars (3 total ratings) |
| Authors | A. Roig, OCRE |
| Genre | Interactive Fiction |
| Made with | Godot |
| Tags | Narrative, Pixel Art, Short, Story Rich |
| Average session | A few minutes |
| Languages | Galician |
| Inputs | Keyboard, Mouse |



Comments
Log in with itch.io to leave a comment.
A vosa proposta está xenial!
Gustounos moito como lograstes crear algo tan completo, co seu pixel art, a música e a mecánica de pesca. Parabéns polo resultado :)